Houbo un tempo no que o ouro era valioso, no que o petróleo era coñecido como ouro negro, inmensas fortunas agardaban detras destes nomes, as cidades e os países que tiveron a sorte de telos se ultradesarrollaron, pero chegou un punto no que o ouro e o petróleo, así como os diamantes e demais non valían nada, ese momento é agora, ano 2047, as altas temperaturas e as escasas precipitacións debidas ao cambio climático fixeron que o auga fose agora a substancia máis valorada do mercado, chegando a susperar o valor de 1000 euros 1 litro, e isto foi o inicio dunha nova época en Galicia. A nosa rexión volveuse unha das principais potencias mundiais no sector económico, a auga abunda debido á abundancia das choivas, chegando a chover dous de cada tres días. Agora Galicia está tan ou máis desarrollada ca famosa Abu Dhabi, cidade que en tres xeracións pasou de ser simple area a unha das cidades máis importantes e ricas do mundo grazas ao petroléo; o nivel de desarrollo urbano en Galicia é abrrumador, cada día hai novos proxectos para as cidades, novas obras, e moito traballo, algo non visto fai moito, a riqueza é máis que evidente, ou non... montes destrozados para crear urbanizacións, casas de pedra derrubadas para construir subterráneos, castros, pazos, mom¡numentos, toda a historia galega hundida baixo o chapapote para crear novas carreteras, as meiores praias do mundo ao pé de centos de miles de rascacielos que anteriormente estarían prohibidos, o diñeiro da a vida diccían, o diñeiro cho da todo, de momento o diñeiro o único que fixo foi arrebatarme á miña terra, nos dous sentidos da palabra, e aos meus amigos, así como a humanidade propia dos galegos, agora nos somos os New Yorkinos que van do traballo ao fast food, e do fast food ao traballo, o diñeiro nos convertiu en escravos, antes éramos pobres, pero viviamos en liberdade, agora somos ricos, e vivimos baixo o mando do diñeiro.
lunes, 18 de mayo de 2015
O primeirizo
O primeiro Basoa, quen sería? Esa era a pregunta que se me pasaba esta semana pola cabeza, e para intentar descubrir quen era tiven que empezar pola raíz de todo, o significado de Basoa, e descubrín que Basoa significa "bosque" en vasco, o que aínda me intrigou máis, por que o primeiro da familia se apelidaba bosque? e en seguida o entendín, aquel home era o das lendas, o amo do bosque, meu tataratataratatara...avó era o famoso Rabín do bosque, non quero especular sobre o porqué do nome, non me podo creer que o primoxénito fora o incrible Rabín do bosque, o famoso arqueiro que robaba aos ricos as súas pertenzas para dárllelas aos pobres, ou para quedar el mesmo con elas, ou eso era o que din as lendas, pero o que realmente era o meu tatara..avó era traficante, de todo tipo, traficaba con telas, mineirais e mesmo con negros, aos que lles axudaba a pasalas fronteiras a os países do norte que tiñan igualdade de dereitos entre todas as persoas coa súa técnica infalible, ataba os negros por debaixo dunha mula cunha corda, como se fose cal ninja Rabín pasaba os negros ao Norte, como se fosen invisibles para os gardas que vixiaban as fronteiras, pero había un home para o cal meu tatara...avó non era invisible, e máis, lle tiña os dous ollos ben postos enriba, era o seu inimigo, Enrique IV "O <<IMPOÑENTE>>", o cal tíñalle moita manía a Rabín porque el sabía que era traficante, máis o non poder demostralo lle impedía executalo en calqueira momento, porque aínda que este rei era o máis sanguinario de todos os reinos era xusto nos casos de inocencia, ou culpa non demostrada. As ganancias do tráfico de materias lle permitiron ao meu tatara..avó comprarse todo o País Vasco, e lle chamou "O Bosque", e de ahí ven o nome de Rabín do bosque. Pero como todo a vida acaba chegando ao seu fin, e no caso do meu tatara foi cando intentaba dar o seu plan máis gordo, intentaba pasar mil mulas dende O Bosque ata Alemaña, onde vendería ouro e telas que acababa de robar a unha patrulla de Enrique IV, se o conseguía non tería que volver a traballar na súa vida, nin os seus fillos, nin mesmo eu, pero aquela patrulla á que roubara fora unha trampa de Enrique O Impoñente para poder arrestalo e executalo, e así pois cando o meu tatara estaba a atravesar os Pirineos o exército o atrapou e o levaron ata a casa real, alí o propio rei o executou cas súas propias mans. O Bosque máis tarde pasouse a chamar País Vasco e alí todos comezaron a adorar ao seu Deus, Rabín do bosque.
Abofé que estou tolo
Como o traballo destas entradas e falar dalguén do teu árbol xenealóxico vou a falar do último da rama, de min mesmo, considerándome a min mesmo como bisavó ou tataravó e as repercusións que vai a ter isto para as seguintes xeracións
Carta ás miñas seguintes xeracións:
Boas, queridos bisnetos, eu son Yago Basoa Fernández, nacín o día 18 do mes de Abril no ano 1997, no hospital de Narón, unha pequena cidade situada en A Coruña, Galicia. Vivín os tres primeiros anos da miña vida nesa nun pequeno piso desta cidade, e tras o accidente en moto da miña nai e meu pai, causando a lesión da pelvis da miña nai, puidémonos comprar unha casa nunha pequena aldea de Caamouco, en Ares. Agora volvendo a min, eu son unha persona pacible, díficil de enoxar, tímido, cordo, sen avaricia ningunha, apenas sei o significado de codicia, prefiro que os demais vivan mellor ca min ou síntome mal por dentro, perezoso, demasiado perezoso... cunhas aptitudes para o estudo máis que sobradas, as cales son coñecedor delas e que provoca a miña sobradez respecto a todas as asinaturas, aínda que non estude un carallo, e isto é un punto dos que máis os vades a ter que preocupar vós, os seguintes, pois facilmente vades a caer na tentación de non estudar, e vos vai a traer malas consecuencias, infinitos castigos, ter que facer novos compañeiros de clase, sabendo que os teus de sempre siguen xuntos e avanzando, e a pesar de saber isto vades seguir caendo na tentación, como ségueme a pasar a min pese a ter xa meus dezaoito anos, e me temo que vades a ser un pouco máis de esquerdas cao resto de personas de esquerdas, por non decir que vades a ser de esquerda liberal extremista radical, así que intentadevos adaptar a un sistema de esquerdas normal, como eu me adoptei no seu día, e pese a que o meu profesor Manolo González de Xeografía e Historia de Galicia trate de que eu lle amose o meu punto de vista non o consigue, pois eu mesmo son coñecedor de que todo extremismo está mal, e non é o correcto.
Dito isto quérome despedir de vós pois xa considero que sobre o resto o sabedes todo, pois vedes de min.
Un saúdo cordial.
Yago Basoa Fernández
Folla a folla faise un árbol
He aquí o meu árbol xenealóxico, dende os meu bisavós ata min e a miña irmá, pese a intentar buscar información sobre os meus tataravós, pouco puiden descubrir debido á morte de certos avós meus e a enfermidade mental dunha avoa miña, e por non poñer información incompleta non o poño.
Sen futuro
Hoxe véñobos a falar dun dos moitos futuros e posiblemente do que máis versións haxa e do que tanto medo ten a xente que poucos se atreven a falar del, simplemente fanse os sordos ou mesmo te din; bo, cala a boca neno, este feito é a terceira guerra mundial, unha guerra que vai a traer a destrucción total da terra, a desaparición da especie humana e dos animais, e como todo, isto ten un principio, unha causa que provoca tal disfortunio, neste caso é un erro, un erro humano, o presidente dos Estados Unidos querendo chamar ao servizo pulsou o botón errado, un botón que activaría cabezas nucleares en dirección rusa. A Rusia isto non lle parecería aceptable e intentaría responder, pero o presidente dos EEUU dirialle que foi un erro, que perdoase o ocurrido, non aceptada a desculpa Rusia iniciaría un pequeno ataque contra estes, o cal sería respondido por outro ataque de parte dos estado unidenses. Mentras tanto no resto do mundo o peor xa se uliría, e varios países e a ONU lles obligarían a parar, pero xa sería demasiado tarde, a guerra nuclear xa empezaría, bombas atómicas serían lanzadas a través de bombardeiros escoltados por cazas, bombas cunha enerxía duns 10 megatóns, de uranio ou de plutonio, dependendo do lugar a atacar, oito quilómetros de radio de explosión, e un fume pos-explosión á temperatura de 5000 graos centigrados, homes e mulleres transformadas en nada, simples átomos conducidos polo vento, e unha radiación que exterminaría a 5 veces máis población ca a propia explosión en si, e a chegada doutro tipo de bomba á guerra mundial, a bomba de hidróxeno, a diferencia das anteriores non funciona pola fisión de átomos, senón pola fusión dos mesmos, o que provocaría unha liberación moitísimo maior cao anterior tipo, mais isto non significaría nada para Rusia e os EEUU que xa se decidirían a destruir o mundo enteiro antes de perder a guerra. Unha, outra e outra máis, o ego destes países acabaría con todos nos, a historia da humanidade acabaría sen un fin, porque para contalo fin, ten que haber alguén vivo.
O galego á deriva
Galicia? Galego? Que é iso? Esas son as preguntas que se facían na España de fai 100 anos, na década do 2030 ao 2040, pois a Galicia pola que pelearon os nosos avós e avoas, e á vez os seus avós e avoas, perdera nesta década a pouca liberdade que lle quedaba, o galego prohibido, os galegos perdidos... A pena de morte agochaba a todo aquel que se lle ocurrira falar en outro idioma que non fose o fodido castelán en España, e todo o que con isto supuxo... ningún estranxeiro quería entrar na península, pois se falaban o seu idioma natal pasarían polo paredón, e mesmo os propios españois que tiñan idioma propio tiveron que deixalo ou abandoar as súas terras, e entre eles se encontraban moitos galegos, arredor da metade dos nosos. O exilio destes galegos provocou certa indignación entre os que quedaban, que acabaron marchando tamén, o que provocou o abandono total dos galegos da península. Galicia quedou vacía, unha terra sen habitantes, sen idioma, sen cultura, unha Galicia sen nome, xa non era Galicia senón que era "El Noroeste". Pero isto non lle pareceu suficiente aos altos mandos do país como castigo aos galego falantes, senón que a maiores colleron perforadoras e furaron o chan nunha línea que separaba Galicia da península e enviaron á nosa terra a deriva nun paseo marítimo intercontinental, perdida navegaba arredor do mundo, sen parar en ningún lugar. Pasaran xa 50 anos desde que Galicia estaba á deriva ata que finalmente acabou chocando, ou mellor dito aparcando, noutro territorio celta, e onde hospedabamos moitos galegos, entre eles o meu avó, esta terra onde parou fou Irlanda, unha terra e un entorno moi familiar para Galicia polo seu parecido, e finalmente o maior desta historia, non se sabe cantas probabilidades houbo de que Galicia acabara en Irlanda, pero o que a xente cre é que Galicia sabía que en Irlanda era o único lugar do mundo onde se seguía a falar galego galego, o de verdade, e é que din que marches onde marches a túa terra sempre seguirá contigo na túa sangue.
martes, 24 de febrero de 2015
A vida ou o percebe? O percebe
Sen saber de que falar pensei en algo estrictamente galego no que loitaría por el, e veuseme a mente os percebes, esas delicias tan caras, e que moitos dos nosos avós nos compran cando hai que celebrar algo, ou mesmo nos levan a un restaurante a comelos, é por iso que lle preguntei ao meu avó se tivo que facer, na súa época de mariscador aos 16 anos, algunha rebelión ou algo polo estilo, e contoume unha historia non del, senón do meu bisavó:
O meu bisavó se chamaba Narciso, xa dende pequeno sentiu amor polo mar, en certa parte porque o meu tataravó tamén vivía del, a menudo hacía minitraxectos co meu tataravó mirando o mar, e aproveitaban para contar historias de navegantes, náufragos que acababan nunha illa deserta rodeada de sirenas, piratas, así como os seus mounstruos, os calamares xigantes, anguilas xigantes e tiburóns. Meu bisavó comezou aos 14 anos a profesión de mariscador e pescador , e estivo un ano baixo as enseñanzas do meu tataravó, pero iste morreu a idade de 30 anos ao ano seguinte de empezar o meu bisavó, como consecuencia da Guerra Civil, e meu bisavó só co que lle había enseñado o seu pai tivo que cargar da súa nai e dos seus 3 irmáns menores, de 12, 9 e 5 anos. O pobre home, nos dous posibles significados, tivo que traballar moitas horas para darlle de comer á familia enteira, e senón fora por un pequeno galiñeiro que tiña a súa nai sería imposible que chegarán a comer todas as semanas. Tras tres anos traballando a reventar librouse dunha carga, dous dos seus irmáns a idade de 15 e 12 anos marcharon a traballar no campo dun crego, o cal lles ofreceu cama onde dormir, e comida para eles e a súa familia, a parte duns bos coidados, sabe Deus que tipo de coidados foron ises viñendo dun crego...pero non quero entrar niso. Máis tarde o último irmán foise tamén a traballar ao campo e quedou soamente o meu bisavó traballando no mar, as súas habilidades según a miña tataravoa xa eran moi superiores ás do seu pai, pero el seguía e seguía traballando, cada vez máis e máis, era un reto persoal para él, cada día tiña que coller máis e máis. En un día lle falaron dos percebes, unha delicia para comer e decidiu deixar a vieira e a ameixa para ir a coller percebes, rocha tras rocha, un percebe tras outro.
Ata que un día a Garda Civil lle colleu a el e a todos os mariscadores os percebes, con isto mesmo lles pegaron unha paliza e lles obligaron a darlles o que colleran en 6 mes, o cal non fixo moita graza ao meu bisavó e tampouco ao resto. Pasados xa dous meses o meu bisavó non podía máis ca farta, estaba ao cargo de 7 fillos e non podía darlles de comer a todos se non había con que darlles, co que decidiu facer unha revolta contra a Garda Civil, á cal o resto de mariscadores se lle uniron, e el de primeiro e diante de todos dirixiuse cun grupo de arredor a 20 persoas con palos a zoscarlle a uns 4 Garda Civís, armados ata as trancas, pero non importou moito xa que lles colleron desprevenidos e a paliza que lles meteron foi brutal. Pero o único que conseguiu con isto foi que a Garda Civil o puxera en búsqueda e captura, vivo ou morto, por ser o dirixidor de ista ofensa contra os Superiores. Meu bisavó non fuxiu ante isto e foi el mesmo en persoa ao cuartel da Garda Civil e enrtegouse, a cambia de que non tocaran á súa familia, o cal aceptaron e o puxeron contra a parede... o resto xa volo imaxinades. Finalmente a miña bisavoa e os seus 7 fillos viviron ca miña tataravoa hasta que ela morreu aos 60 anos, e xa o meu avó traballaba de mariscador.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)