Hoxe fun visitar uns parentes que teño en Lugo, e polo camiño non puiden evitar fixarme na cantidade de pazos que hai, mergullado xa na curiosidade pregunteille a un ancián sobre os pazos e díxome que se agora son bonitos comparados a como eran antes son una <<merda espichada nun pao>> antes vivía xente neles pero agora están todos abandonados e deteriorados, e contoume unha lenda deles, a lenda dicía: Fai 400 anos no Pazo de Curros vivía o espirito dunha bruxa que fora quemada por herexía, nadie se atrevía a entrar alí, nin sequera de falar do tema, un día chegou un cabaleiro á aldea onde se encontraba este pazo con ganas de comer, pero o pobo non tiña que darlle, e iste enrabietado matou a 10 aldeanos, o resto como non querían morir lle dixeron que no Pazo de Curros había comida a fartar, según escoitou esto saíu galopando hacia o pazo, e abriu o portón cas dúas mans, alzou a mirada e viu una mesa redonda i enriba dela uns 20 ou 30 chourizos, rápidamente os colleu i empezou a comelos, e de repente apareceu o espirito da bruxa, que tiña una obsesión cos chourizos e ao velo comelos lle convertiu nun para o resto da eternidade.
Consumido polo interese de máis lendas busqueinas e o primeiro que encontrei foi <<venta de pazos>>:
http://aldeasabandonadas.com/venta-de-pazos-y-casas-de-luxe/64-venta-de-pazos-y-casas-senoriales-galicia-.HTML
Non o podía crer, o mesmo título da páxina di "Aldeas abandonadas", pero que, perdón pola expresión, carallo lles pasa a estes na testa?.
A cada minuto que pasaba viame sumido na desesperación, o número de pazos, e aínda peor, de aldeas que estaban abandonadas aumentaba sen cesar.
Pazo abandonado:
Aldea abandonada:
E mesmo un vídeo da televisión galega no que di que hai na venta uns 350-400 pazos a un 50% de rebaixa:
http://www.crtvg.es/informativos/unhas-400-propiedades-senorais-a-venda-en-galicia-con-prezos-moi-rebaixados-de-ata-o-50-675774
Na miña opinión os pazos tiñan que ser restaurados e coidados como patrimonio rexional que son.
Un saúdo.