miércoles, 26 de noviembre de 2014

Nosa Deusa guerreira

Despois de ver "Ira de titáns" na tele ocurreuseme de quen podía falar nesta entrada, dunha Deusa, pero non unha calqueira, senón a Deusa da destrucción, da morte e da guerra, tamén coñocida como Morrigan. Dise que nas guerras ela servía de estímulo e motivación aos guerreiros e soldados para darlles a estes forza para combatir. Ela era unha doncela, madre e viuda, e sempre iba acompañada das súas irmás ; Badb e Macha (deusa triple da fertilidade, guerra e xogos rituais, asociada ao corvo e ao cabalo). Conta unha lenda que un día no campo de batalla apareceu ante a sorpresa de todos os soldados, tiña o cabelo gris e revolto, os pés cheos de sangue e encima de corpos inertes, foi tal a admiración nos homes que non puideron soltar palabra, excepto un que se atreviu a preguntarlle quen era, ao que ela contestou que se chamaba Morrigan, e iba limpando os estragos dos homes. Seguidamente o home lle preguntou se ela había matado a todas aquelas persoas ao que ela lle contestou que nin lles había tocado, e que se se fixaba podería recoñecelos, en efecto mirounos ben e eran os seus compañeiros soldados, e fixouse máis e diuse conta que o rostro da cabeza decapitada que Morrigan tiña na mán era o del.



Ista deusa xunto coas súas irmás eran consideradas como deusas do sexo, porque os celtas á morte lle atribuian o comezo de novas vidas. E isto tamén se lle aplicaba ás mulleres celtas que ademais de ocuparse das súas labores, en caso de ser atacados, elas defendían a fogo e sangue a súa terra. Era tal a importancia da muller daquela época, a diferencia da etapa posterior, que a moitos lugares se lle poñía os nomes de mulleres, o incluso o caso de Da Chich Annan, que significa os peitos de Ana.

martes, 25 de noviembre de 2014

A "Dama do castro"

Buscando sobre que falar nesta entrada meu avó díxome: hai algo do que estou seguro que sempre se falou e sempre se falará. e que ven dos celtas, as meigas e os seus famosos <<meigallos>>. Encontrei coma unha decena de tipos de meigas, estas eran o contrario ás bruxas,  e o que buscaban era facerlle o mal ás persoas a través de pactos co demo, pero coa excepción dun tipo, a Dama do castro. A lenda conta que as Damas eran mouras que vivían debaixo dos castros galegos, nuns castelos de cristal, posuían unha fortuna e como xa non tiñan a necesidade de traballar se dedicaban a axudar á xente, e sempre que alguén lles pedía consellos esta llelos daba; o seu afán máximo era axudar aos nenos e nenas, os que cando estaban sós ou en perigo as Damas acodían a acompañalos ou rescatalos. Dise que eran as máis belas entre as mouras, de pelo rubio e solto ao aire, e un fermoso vestido branco só superado en fermosura pola súa cara. As persoas que intentaban acceder ao seu castelo quedaban encantados alí de por vida. Máis ou menos están representadas na seguinte imaxe:


























Que MISTERIOSAMENTE ten un gran parecido coa famosísima Galadriel, elfa de "O Señor dos Aneis":





Senón fora pola falta de interés pola nosa cultura perfectamente o autor deste libro podería ser en vez de inglés, galego, e convertir a súa obra nunha das máis famosas cunha  venta de máis de 150 millóns de libros, como é ista saga, a cal claramente podería ser rodada nos nosos montes, aínda que a pesar de haber eucaliptos en moitos deles, algúns siguen intactos de castiñeiros e nogais.

domingo, 16 de noviembre de 2014

Galicia no país da bruxería

Hoxe tirado no sofá entroume na testa a idea da Galicia máis ritualista, xente á que non lle importaba nada máis ca maxia, que non se paraban a pensar en como transcorre a vida, as personas do noso arredor,  tiña que buscar información sobre isto, e isas personas son os conocidos como "Druidas". Os druidas foron sacerdotes encargados de transmitir tradicións mitolóxicas e relixiosas dos pobos celtas, realizaban prácticas de maxia e sacrificio. O que buscaban era adiviñar o futuro a través da observación ao vó dos paxaros e de sacrificios a animais, pero que se eran de gran importancia facían sacrificio de humanos, atravesándolles o peito cunha daga e contenmplando como morrían. O triste é que pouco se sabe deles, porque vivimos nunha sociedade na que importa e é mellor os dos demais ca o noso, e sin coñecer o noso. A pesar diso se coñece que os druidas duraron ata o século 1 d.C. e foron suprimidos polos emperadores romanos Tiberio, Augusto e Claudio polo gran número de sacrificios humanos e como istes acabaron sendo, que según Julio César os sacrificios eran así.
Aínda que pasaron xa moitos anos existen retratos de como eran, e á importancia que lle daban aos símbolos, os cales os utilizaban para infinidade de cousas, como o equilibrio de corpo, mente e espírito (triskel)( a segunda imaxe que teño onde pon "Símbolos druidas"), a proporción de amor e poder( wuivre)(son dúas serpes entrelazadas)...

Druida


Símbolos druidas


Un saúdo.

lunes, 3 de noviembre de 2014

A peste do eucalipto

E segue e segue e non ten pensado parar, o eucalipto aproveita calquera incendio, as talas dos árbores, para plantarse no sitio onde tería que estar unha árbore autóctona de Galicia.
Non para de expandirse o uso de eucaliptos para replantar unha zona, coma se unha peste fora, e só uns poucos loitan para frealo, pero non son suficientes e isto segue e segue, ata o punto que xa é unha costume plantar un eucalipto que non aporta nin beleza nin nada para Galicia, antes ca un castiñeiro, un carballo, un pino...

Opinade vos mesmos sobre que é máis bonito;

Eucaliptos


                                                                               VS


Castiñeiros e nogais


Non aportan máis beleza senón que , por exemplo, as míticas castañas do magosto que todos celebramos de pequenos e que temos grabado nos nosos recordos e que desgraciadamente dentro duns anos os nenos nos preguntarán que eran os castiñeiros, que era o magosto, e todos os anos de historia que istes xa levaban e todo polo vicio de plantar eucaliptos na nosa querida terra.

Aínda que xa existen leis que prohiben a replobación dunha zona con eucaliptos, a peste non para e segue comendo cada vez máis terreo.

E finalizo cun vídeo no que se explica brevemente porque son malos para a terra, e o seu gran nivel de expansión.

Un saúdo.