lunes, 26 de enero de 2015

Lume no 35

Un ano antes da Guerra Civil en Galiza vivíase unha revolta dos liberalistas e anarquistas contra o sistema, pero non unha revolta armada como tenden a facer os FACHAS, senón unha revolta feita con palabras, iso que todos temos, pero que só pouca xente sabe usar ben, e non me incluio nese paquete, pero antes de falarvos dese ano vouvos a falar antes do ano anterior.

Dende 1932 ata 1934 en Galiza vivíase nunha república, na que o principal obxectivo era mellorar o sistema educativo e o agrario, se crearon arredor de 30.000 escolas en toda España, aínda que a o principio se pensou que 5.000 escolas por ano iba a ser suficiente para chegar ao número de 27.000 escolas, que equivaldría a darlle ensino a uns millón e medio de nenos sen estes privilexios, se tivo que aumentar o ritmo ata lograr construir 7.000 escolas por ano a partir de 1933. Pero en 1934 ocurriu unha forte represión dos militares, que como case sempre, lles dan as armas e se equivocan de bando, contra a república. Esta represión quería parar a república e volver ao sistema anterior, e é entón cando chegamos ao ano do cal vos quero falar, o ano anterior ao da guerra. 

Neste novo ano os liberalistas na Coruña crean os seus respectivos periódicos. A estes liberalistas pódemoslles dividir en dous grupos: os anarcosindicalistas, que foron os creadores do periódico liberal "Solidaridad", e os anárquicos, que crearon o periódico "Brazo y Cerebro", que se publicaron dende o 1935 ata o 1936.

O periódico "Solidaridad" estaba composto por catro páxinas que recollía as noticias dos sindicatos confederales galegos, da rexional galega cenetista CNT en xeral. A parte diso tamén se trataba información da actualidade e do seu pensamento.

O periódico "Brazo y Cerebro" era un quincenario, tamén composto por catro páxinas. Este periódico comenzouse a escribir a partir de Maio do 1935, como medio de expresión dos grupos anarquistas, da xuventude, e das iniciativas culturais e educativas; nesas páxinas dedicaron unha boa parte á defensa da muller, a difusión da cultura, da medicina e da sexualidade, a parte dos artículos de tipo político, social, e o análise da súa actualidade.

Tras a agresiva represión por parte das autoridades, pódese dicir que estos dous periódicos foron os principais impulsores da recuperación da literatura frente a aquela represión, e os principais reactivadores do anarquismo galego. Aínda que a represión policial e o exilio de moitas mentes privilexiadas fixeron máis difícil esta reinvidicación, a partir de 1936 o movemento liberal volve a recuperar o vigor perdido con anterioridade, e é entón cando se revela parte do exército, xunto co exército español de África, e contándoo co apoio de Alemania, Italia e Portugal, contra a república e comenza a Guerra Civil, da cal xa sabedes dabondo, e comezaría a peor etapa na historia de España.


E para todos aqueles patrióticos que din VIVA ESPAÑA!, lles vendría mellor dicir:



                                             VIVA A ESPAÑA DE GARCÍA LORCA!






domingo, 18 de enero de 2015

74 anos resgardando a nosa cultura

Antonte recollendo uns periódicos sen querer atopeime cunha cousa bastante interesante para esta entrada, era unha noticia, e estaba a falar dos premios que se entregaron en Galicia en setembro de 2014, eran premios polo fomento da cultura galega, e por riba de todos había un que foi o que máis me impactou, o do patrimonio cultural galego, e é de iso do que os vou a falar hoxe.

O premio do partimonio cultural galego foi entregado no pasado ano a un grupo chamado Marcelo Macías. Este grupo xorde a finais de 1941 inicios de 1942, pola orde do ministerio. O grupo estaba formado por colaborades do Museo Provincial de Ourense, e nace pola necesidade de apoiar a entidade á que aparece ligado. Nos seus primeiros 10 anos de servicio crearon un total de 6 volúmenes do boletín do museo.

En 1972 o grupo sufriu cambios internos, dado que novos membros entraron a formar parte do grupo, e toman a publicación do Boletín Avriense, no que traballaran ano a ano, e no que siguen traballando actualmente. Outros dos cambios que sufriron foron os seus principios. Agora tiñan cinco obxectivos primordiais:

O fomento e desarollo do Museo e Archivo provinciais mediante o traballo.

A xestión de donativos e depósitos que enriquezan os fondos públicos de ambos centros.

O estudo e comunicación de aspectos da riqueza do patrimonio cultural nos seus diversos aspectos, especialmente nos campos da antropoloxía, arqueoloxía, historia, arte, bibliografía.

A investigación dos mesmos.

A difusión mediante a publicación e mostra pública dos resultados da investigación realizada.

E dende 1982 o grupo colabora muy activamente no desarrollo dos seus obxectivos, participando na difusión dos fondos do Museo. E non hai traballo bo traballo sen recompesa, así que polo seu excelente traballo defendendo o patrimonio cultural, en 1983 fóiselle entregado a este grupo o premio "Otero Pedrayo". E a partir de ahí este grupo non parou de traballar máis forte e con máis impetu, sen cesar. Por eso mesmo en 1991 puido entrar a formar parte do grupo de Estudos Locais do Consello Superior de Investigacións Científicas.

E sen máis nin menos o pasado ano concedéuselle o premio da Cultura Galega polas mesmas razóns polas que se lle entregaba anteriormente o premio Otero Pedrayo. E é que é claro que para eles o máis importante é traballar para lograr defendido o seu patrimonio e cultura, e por iso levan nada máis e nada menos que 74 anos traballando xeracións e xeracións en manteñer estes fins.

lunes, 12 de enero de 2015

O periodista da cultura

Non fai moito discutíanme que o periodismo cultural non existía, e aproveitando busqueino para esta entrada, e en efecto, si que existe. " O periodismo cultural é a forma de coñecer e difundir os produtos culturais de una sociedade a través de métodos masivos de comunicación". En poucas palabras, o periodismo cultural é o periodista que nos informa a través dos medios sobre un evento cultural. Aínda que isto che parezca unha tontería, non é así, grazas a estes periodistas pódese enterar perfectamente o país enteiro dos eventos que transcorriron, transcorren e van a transcorrir no seu arredor. É moi importante non esquecerse da nosa propia cultura, aínda que teñas que deixar por un momento en pensar en traballo, fútbol, política ou o que sexa, porque " a cultura é como todo o modo de vida" , se nos olvidamos diso, olvidaríamos tamén como poder vivir nesta sociedade. 

É por iso que  vos quería falar dun periodista cultural chamado Antón Castro , nacido en Arteixo o 25 de agosto do ano 1959. Antonio é escritor, dramaturgo, é o máis importante, un recoñecido periodista que traballa na tele e nun diario, a parte diso difunde a cultura a través do seu blog e das súas contas nas sociales. Por iso é polo seu excelente traballo o 25 de setembro de 2013 foi galardonado co premio nacional de periodismo cultural. Aínda que eses premios llelos diron traballando en Aragón, lugar no que actualmente vive e segue traballando, os seus máis achegados din que nunca esqueceu a súa orixe, e que aínda segue a escribir en galego, como as súas primeiras novelas escritas en galego  " A lenda da cidade asolagada" e "Vida e morte das baleas".





Este home gañouse o afecto de moitos galegos e de moitos aragonenses por ser un claro representante destas rexións, sobre o tema maís importante do que estou a falar, a cultura. E é que este home merécese o que ten por haber triunfado en Aragón, lugar no que empezou a vivir de cero, só cun traballo, e sen esquecer nunca a súa lugar de orixe, aínda que o separen 800 quilómetros, sen olvidar as súas metas, sen rendirse nunca, e vivindo para o que máis lle gusta, fomentar a cultura, esa cousa tan olvidada.