domingo, 14 de diciembre de 2014

A veces... escoito voces falando galego

Cansado xa desas personas que pensan que o galego non é un idioma, que é un insulto para as orellas, decidín buscar un grupo que cantara en galego, e que triunfara fóra de Galiza, demostrando que este idioma non provoca nauseas aos oíntes, e entonces encontrei a Saraibas, un dos grupos que máis triunfou no estranxeiro, e que claramente deles se pode apreciar a súa temática da que xa falarei despois. Saraibas é un grupo musical galego creado no 1978 por un grupo de amigos de San Sadurniño, que xa levaban cantando xuntos dende 1969. O seu primeiro concerto foi en Somozas en 1978 co nome de Chorima, pero que posteriormente foi cambiado coa entrada de novos membros. Xa no ano 1980 este grupo era tan famoso en Galiza que realizaba xiras por toda ela, e comezou a súa xira por Sudamérica e por arredor de Europa, aproximadamente en Barcelona, Bilbao, Sabadell, Madrid, Venezuela, Festival de Lorient. París, Munich, Londres, Bruselas, Amberes, Ginebra, Berna, Zurich, Braga, etc. No que vai da súa traxectoria crearon 6 discos:

Unha terra, un pobo, unha fala (1980)




Xa non podemos calar (1981)



Careca (1986)



Camiño longo ( 1992)



Cantamos para poder voar ( 1999)



Cancións para un ano (1999)



Con xa varios triunfo na súa traxectoria a partir de 2004 pararon de tocar, pero o realmente importante non son os triunfos que conseguiron, senón, a través de como os conseguiron ; de 1983 a 1990 oraganizaron festivais nos que participaban nenos de diferentes centros escolares, e lle denominaron a este movemento "Cantareliña"; que tiña como obxectivo a promoción e a normalización da lingua galega e da música popular; ata o punto de edtar 8 discos; conseguindo con esto o "Premio da crítica galega" pola súa iniciativa cultural, e ben que está merecido o seu premio, e considero que aínda deberían de recibir máis pola temática das súas cancións.


 Saraibas a través delas defende a Galiza como unha nación libre, con idioma propio, cultura propia, e que non ten que soportar a eses espanholitos que queren unha Espanha unificada, e gobernada só por un Rei de procedencia francesa, que chegaron ao trono a base de quitar vidas, e que consideran o maior Espanhol do país; de dinastía cobarde que saíu fuxindo para fóra deixando como gobernador a un ditador, e que máis tarde volvería ao poder posto por outro ditador; e que consideran o principal símbolo da "democracia", aínda que o pobo non pudo elixir si quería unha monarquía.


Saraibas tamén se mete cos políticos engañabobos, que falan galego só cando queren ver votos nas súas urnas, pero que o resto do tempo se pasan falando en castelán, e moitos deles botándolle meigas a Galiza, que só queren de nós aproveitarse e sacarse os seus cartos para irse a Suíza, o Olimpo dos políticos.


Ademáis de criticar a istes, non se quedou atrás con esa xente que fala castelán para así considerarse de máis nivel social, culto en tódolos hemisferios, raza superior, que a xente que fala galego, burros todos, con alto nivel de ignorancia, que só saben falar a través de refráns. sen opinión, vasallos dos impostos que sin darse conta dan de comer coas súas espaldas a tódolos políticos.


E o máis importante de Saraibas e que está en tódolas súas cancións e é a base fundamental do movemento Cantareliña, é a súa continua búsqueda da desperta dese espírito galeguista, nacionalista, que nos ferve pola sangue, polo código xenético, aínda que algúns o queran evitar, pero iso segue ahí, e seguirá por moitas e moitas xeracións, e moriremos con ese espírito, e por moi no fondo que estea sempre alumeará.


lunes, 8 de diciembre de 2014

Tecnoloxía made in Galicia

Hoxe mirando a pantalla do ordenador sen saber de que falar nesta entrada encendeuseme a neurona e ocurreuseme falar da tecnoloxía en Galicia, culta no sentido de que hai moi bos programadores informáticos e iniciativas tecnolóxicas, e inculta á vez, dado que se descoñece casi a existencia desto, e hox estou aquí para falar dun claro exemplo disto, Blusens. Esta empresa de ámbito tecnolóxico se creou en Santiago de Compostela, por dous homes; Miguel Silva (responsable do televés nos Emiratos Árabes) e José Ramón García (economista de Mondragón Corporación Cooperativa). Iniciamente entrou no mercado coa venta de DVD, en 2002, nese mismo año xa lograran facturar 1 millón de euros e en 2006 xa chegou a proclamarse líder na venta de mp3 en España, cuns increibles crecementos anuais de hasta un 200%. A pesar disto esta empresa sempre foi descoñecida en Galicia, e sigue séndoo no día de hoxe, increíblemente o número de personas na nosa rexión que sabe que Blusens é orixinaria de Galicia é moito menor do pensado, e poño como exemplo á miña familia, que contando tíos, pais, fillos e avós somos uns trinta, pero só catro sabemos que Blusens é galega. A pesar de ser casi descoñecida esta empresa en Galicia, esto non impediu que Blusens en 2008 se xuntara coas súas empresas filiais (Blusens China, Blusens Middle East e Blusens Uruguay) provocando con isto un aumento da multinacionalidade da empresaorzando o obxectivo de estar en máis de 50 países nese mesmo ano. Aínda que nos últimos anos parece que esta empresa está pasiva realmente non o está; patrocina varios equipos de motos no campeonato de España e no de Cataluña; traballa xunto aos gañadores do Miss e Míster España nuns catálogos nos que aparecen con dispositivos desta empresa; e tamén se anuncian na liga BBVA de fútbol profesional español. Esta empresa se merece todo o que ten e sirve perfectamente de exemplo de porque un nunca debe de rendirse nesta vida, porque conseguiu todo o que ten sen rendirse, aínda que en Galicia nadie lles coñecía eles deron saído ao mercado de fóra e formar o que ven sendo agora unha enorme multinacional que abarca unha gran parte dos países máis ricos do mundo.




Un saúdo.

miércoles, 26 de noviembre de 2014

Nosa Deusa guerreira

Despois de ver "Ira de titáns" na tele ocurreuseme de quen podía falar nesta entrada, dunha Deusa, pero non unha calqueira, senón a Deusa da destrucción, da morte e da guerra, tamén coñocida como Morrigan. Dise que nas guerras ela servía de estímulo e motivación aos guerreiros e soldados para darlles a estes forza para combatir. Ela era unha doncela, madre e viuda, e sempre iba acompañada das súas irmás ; Badb e Macha (deusa triple da fertilidade, guerra e xogos rituais, asociada ao corvo e ao cabalo). Conta unha lenda que un día no campo de batalla apareceu ante a sorpresa de todos os soldados, tiña o cabelo gris e revolto, os pés cheos de sangue e encima de corpos inertes, foi tal a admiración nos homes que non puideron soltar palabra, excepto un que se atreviu a preguntarlle quen era, ao que ela contestou que se chamaba Morrigan, e iba limpando os estragos dos homes. Seguidamente o home lle preguntou se ela había matado a todas aquelas persoas ao que ela lle contestou que nin lles había tocado, e que se se fixaba podería recoñecelos, en efecto mirounos ben e eran os seus compañeiros soldados, e fixouse máis e diuse conta que o rostro da cabeza decapitada que Morrigan tiña na mán era o del.



Ista deusa xunto coas súas irmás eran consideradas como deusas do sexo, porque os celtas á morte lle atribuian o comezo de novas vidas. E isto tamén se lle aplicaba ás mulleres celtas que ademais de ocuparse das súas labores, en caso de ser atacados, elas defendían a fogo e sangue a súa terra. Era tal a importancia da muller daquela época, a diferencia da etapa posterior, que a moitos lugares se lle poñía os nomes de mulleres, o incluso o caso de Da Chich Annan, que significa os peitos de Ana.

martes, 25 de noviembre de 2014

A "Dama do castro"

Buscando sobre que falar nesta entrada meu avó díxome: hai algo do que estou seguro que sempre se falou e sempre se falará. e que ven dos celtas, as meigas e os seus famosos <<meigallos>>. Encontrei coma unha decena de tipos de meigas, estas eran o contrario ás bruxas,  e o que buscaban era facerlle o mal ás persoas a través de pactos co demo, pero coa excepción dun tipo, a Dama do castro. A lenda conta que as Damas eran mouras que vivían debaixo dos castros galegos, nuns castelos de cristal, posuían unha fortuna e como xa non tiñan a necesidade de traballar se dedicaban a axudar á xente, e sempre que alguén lles pedía consellos esta llelos daba; o seu afán máximo era axudar aos nenos e nenas, os que cando estaban sós ou en perigo as Damas acodían a acompañalos ou rescatalos. Dise que eran as máis belas entre as mouras, de pelo rubio e solto ao aire, e un fermoso vestido branco só superado en fermosura pola súa cara. As persoas que intentaban acceder ao seu castelo quedaban encantados alí de por vida. Máis ou menos están representadas na seguinte imaxe:


























Que MISTERIOSAMENTE ten un gran parecido coa famosísima Galadriel, elfa de "O Señor dos Aneis":





Senón fora pola falta de interés pola nosa cultura perfectamente o autor deste libro podería ser en vez de inglés, galego, e convertir a súa obra nunha das máis famosas cunha  venta de máis de 150 millóns de libros, como é ista saga, a cal claramente podería ser rodada nos nosos montes, aínda que a pesar de haber eucaliptos en moitos deles, algúns siguen intactos de castiñeiros e nogais.

domingo, 16 de noviembre de 2014

Galicia no país da bruxería

Hoxe tirado no sofá entroume na testa a idea da Galicia máis ritualista, xente á que non lle importaba nada máis ca maxia, que non se paraban a pensar en como transcorre a vida, as personas do noso arredor,  tiña que buscar información sobre isto, e isas personas son os conocidos como "Druidas". Os druidas foron sacerdotes encargados de transmitir tradicións mitolóxicas e relixiosas dos pobos celtas, realizaban prácticas de maxia e sacrificio. O que buscaban era adiviñar o futuro a través da observación ao vó dos paxaros e de sacrificios a animais, pero que se eran de gran importancia facían sacrificio de humanos, atravesándolles o peito cunha daga e contenmplando como morrían. O triste é que pouco se sabe deles, porque vivimos nunha sociedade na que importa e é mellor os dos demais ca o noso, e sin coñecer o noso. A pesar diso se coñece que os druidas duraron ata o século 1 d.C. e foron suprimidos polos emperadores romanos Tiberio, Augusto e Claudio polo gran número de sacrificios humanos e como istes acabaron sendo, que según Julio César os sacrificios eran así.
Aínda que pasaron xa moitos anos existen retratos de como eran, e á importancia que lle daban aos símbolos, os cales os utilizaban para infinidade de cousas, como o equilibrio de corpo, mente e espírito (triskel)( a segunda imaxe que teño onde pon "Símbolos druidas"), a proporción de amor e poder( wuivre)(son dúas serpes entrelazadas)...

Druida


Símbolos druidas


Un saúdo.

lunes, 3 de noviembre de 2014

A peste do eucalipto

E segue e segue e non ten pensado parar, o eucalipto aproveita calquera incendio, as talas dos árbores, para plantarse no sitio onde tería que estar unha árbore autóctona de Galicia.
Non para de expandirse o uso de eucaliptos para replantar unha zona, coma se unha peste fora, e só uns poucos loitan para frealo, pero non son suficientes e isto segue e segue, ata o punto que xa é unha costume plantar un eucalipto que non aporta nin beleza nin nada para Galicia, antes ca un castiñeiro, un carballo, un pino...

Opinade vos mesmos sobre que é máis bonito;

Eucaliptos


                                                                               VS


Castiñeiros e nogais


Non aportan máis beleza senón que , por exemplo, as míticas castañas do magosto que todos celebramos de pequenos e que temos grabado nos nosos recordos e que desgraciadamente dentro duns anos os nenos nos preguntarán que eran os castiñeiros, que era o magosto, e todos os anos de historia que istes xa levaban e todo polo vicio de plantar eucaliptos na nosa querida terra.

Aínda que xa existen leis que prohiben a replobación dunha zona con eucaliptos, a peste non para e segue comendo cada vez máis terreo.

E finalizo cun vídeo no que se explica brevemente porque son malos para a terra, e o seu gran nivel de expansión.

Un saúdo.



















lunes, 27 de octubre de 2014

Estradas do inferno

Estaredes conmigo de acordo en que non hai nada peor que ir a un lugar de visita turística e encontrar unha autovía no medio e medio dunha paisaxe que podría perfectamente quitarche o alento, e máis, pondría as máns no fogo asegurando que en tódalas fotos no fondo, ou mesmo diante de todo, hai unha estrada, pois leva xa anos de moda a construcción de centos de estradas en Galicia nos lugares menos pensados, ou mesmo inútiles.

Os seus impactos non son só visual senón que tamén ten un forte impacto ambiental, centos de especies son movidas do seu hábitat natural e non todas se adaptan ao novo hábitat, e as que se quedan no antigo corren o risco de sen querer cruzar pola estrada e ser atropeladas.
Para máis infrmación:
http://www.carreteros.org/planificacion/1999/1999_7.pdf
http://revista.eia.edu.co/articulos5/art35.pdf

Estrada no medio da natureza:















Zorro atropelado:



Considero que non hai moito máis que falar, as fotos están ahí, e as noticias de animales atropelados nas estradas frecuentan os xornais, e chegará un punto no que non habrá esa <<Galicia bonita>> senón todo autovías e autopistas, con cadáveres no chan do que foi algún día Galicia.
 
Un saúdo.

domingo, 19 de octubre de 2014

Pero que lles pasa cos pazos?

Hoxe fun visitar uns parentes que teño en Lugo, e polo camiño non puiden evitar fixarme na cantidade de pazos que hai, mergullado xa na curiosidade pregunteille a un ancián sobre os pazos e díxome que se agora son bonitos comparados a como eran antes son una <<merda espichada nun pao>> antes vivía xente neles pero agora están todos abandonados e deteriorados, e contoume unha lenda deles, a lenda dicía: Fai 400 anos no Pazo de Curros vivía o espirito dunha bruxa que fora quemada por herexía, nadie se atrevía a entrar alí, nin sequera de falar do tema, un día chegou un cabaleiro á aldea onde se encontraba este pazo con ganas de comer, pero o pobo non tiña que darlle, e iste enrabietado matou a 10 aldeanos, o resto como non querían morir lle dixeron que no Pazo de Curros había comida a fartar, según escoitou esto saíu galopando hacia o pazo, e abriu o portón cas dúas mans, alzou a mirada e viu una mesa redonda i enriba dela uns 20 ou 30 chourizos, rápidamente os colleu i empezou a comelos, e de repente apareceu o espirito da bruxa, que tiña una obsesión cos chourizos e ao velo comelos lle convertiu nun para o resto da eternidade.

Consumido polo interese de máis lendas busqueinas e o primeiro que encontrei foi <<venta de pazos>>: http://aldeasabandonadas.com/venta-de-pazos-y-casas-de-luxe/64-venta-de-pazos-y-casas-senoriales-galicia-.HTML
Non o podía crer, o mesmo título da páxina di "Aldeas abandonadas", pero que, perdón pola expresión, carallo lles pasa a estes na testa?.

A cada minuto que pasaba viame sumido na desesperación, o número de pazos, e aínda peor, de aldeas que estaban abandonadas aumentaba sen cesar.

Pazo abandonado:


Aldea abandonada:














E mesmo un vídeo da televisión galega no que di que hai na venta uns 350-400 pazos a un 50% de rebaixa: http://www.crtvg.es/informativos/unhas-400-propiedades-senorais-a-venda-en-galicia-con-prezos-moi-rebaixados-de-ata-o-50-675774

Na miña opinión os pazos tiñan que ser restaurados e coidados como patrimonio rexional que son.

Un saúdo.

domingo, 12 de octubre de 2014

Fauna en Galicia

O outro día fun cuns amigos de ruta polo monte que hai cerca da miña casa, e tras camiñar como unha media hora démonos conta de que non se sentía ningún ruído ou proba de vida, nin sequera as follas das árbores se movían. Cando cheguei a casa busquei información de por que sucedía isto e descubrín que era moi peor do que me imaxinaba, durante os últimos anos a fauna galega se ve afectada polo aumento da temperatura (quencemento global), o aumento de incendios forestais, a caza furtiva...

Especies tan bonitas como a libélula:















Ou a mesmiña águila están en perigo extinción, pero estas non son as únicas en perigo, o cangrexo de río, o galápago europeo, a cerceta común... E xa son varias as extintas en Galicia como o oso pardo, o lince ibérico, a cabra montesa lusitánica e o rebezo. Para máis información podes entrar en http://gl.wikipedia.org/wiki/Fauna_de_Galicia#Extinci.C3.B3ns_e_reintroduci.C3.B3ns
http://faunagallega.es.tl/46-.-Anas-crecca.htm

É incrible o fácil que é evitar que isto ocorrese, soamente con acións como ir máis despazo na calzada, non tirar colillas nos montes, nen facer churrascadas nestes, e denunciar á xente que fai isto sen conciencia nin consciencia ninguna posiblemente non tendríamos tantos casos de especies en perigo de etención, e o peor de todo, en aumento.

Medidas para os animais en perigo de extinción:
http://www.consumer.es/web/es/medio_ambiente/naturaleza/2012/05/10/209411.php
http://www.portaleducativo.net/pais/es/segundo-basico/750/proteger-animales-en-peligro-de-extinción

Xa que son bastantes as especies da fauna galega en perigo aquí os deixo o link dun vídeo moi orientativo, con imaxes e videos destes animais, e co sonido que fan:
 https://www.youtube.com/watch?v=uIpXnVEI-jk

Un saúdo a todos.