martes, 24 de febrero de 2015

A vida ou o percebe? O percebe

Sen saber de que falar pensei en algo estrictamente galego no que loitaría por el, e veuseme a mente os percebes, esas delicias tan caras, e que moitos dos nosos avós nos compran cando hai que celebrar algo, ou mesmo nos levan a un restaurante a comelos, é por iso que lle preguntei ao meu avó se tivo que facer, na súa época de mariscador aos 16 anos, algunha rebelión ou algo polo estilo, e contoume unha historia non del, senón do meu bisavó:

O meu bisavó se chamaba Narciso, xa dende pequeno sentiu amor polo mar, en certa parte porque o meu tataravó tamén vivía del, a menudo hacía minitraxectos co meu tataravó mirando o mar, e aproveitaban para contar historias de navegantes, náufragos que acababan nunha illa deserta rodeada de sirenas, piratas, así como os seus mounstruos, os calamares xigantes, anguilas xigantes e tiburóns. Meu bisavó comezou aos 14 anos a profesión de mariscador e pescador , e estivo un ano baixo as enseñanzas do meu tataravó, pero iste morreu a idade de 30 anos ao ano seguinte de empezar o meu bisavó, como consecuencia da Guerra Civil, e meu bisavó só co que lle había enseñado o seu pai tivo que cargar da súa nai e dos seus 3 irmáns menores, de 12, 9 e 5 anos. O pobre home, nos dous posibles significados, tivo que traballar moitas horas para darlle de comer á familia enteira, e senón fora por un pequeno galiñeiro que tiña a súa nai sería imposible que chegarán a comer todas as semanas. Tras tres anos traballando a reventar librouse dunha carga, dous dos seus irmáns a idade de 15 e 12 anos marcharon a traballar no campo dun crego, o cal lles ofreceu cama onde dormir, e comida para eles e a súa familia, a parte duns bos coidados, sabe Deus que tipo de coidados foron ises viñendo dun crego...pero non quero entrar niso. Máis tarde o último irmán foise tamén a traballar ao campo e quedou soamente o meu bisavó traballando no mar, as súas habilidades según a miña tataravoa xa eran moi superiores ás do seu pai, pero el seguía e seguía traballando, cada vez máis e máis, era un reto persoal para él, cada día tiña que coller máis e máis. En un día lle falaron dos percebes, unha delicia para comer e decidiu deixar a vieira e a ameixa para ir a coller percebes, rocha tras rocha, un percebe tras outro.

Ata que un día a Garda Civil lle colleu a el e a todos os mariscadores os percebes, con isto mesmo lles pegaron unha paliza e lles obligaron a darlles o que colleran en 6 mes, o cal non fixo moita graza ao meu bisavó e tampouco ao resto. Pasados xa dous meses o meu bisavó non podía máis ca farta, estaba ao cargo de 7 fillos e non podía darlles de comer a todos se non había con que darlles, co que decidiu facer unha revolta contra a Garda Civil, á cal o resto de mariscadores se lle uniron, e el de primeiro e diante de todos dirixiuse cun grupo de arredor a 20 persoas con palos a zoscarlle a uns 4 Garda Civís, armados ata as trancas, pero non importou moito xa que lles colleron desprevenidos e a paliza que lles meteron foi brutal. Pero o único que conseguiu con isto foi que a Garda Civil o puxera en búsqueda e captura, vivo ou morto, por ser o dirixidor de ista ofensa contra os Superiores. Meu bisavó non fuxiu ante isto e foi el mesmo en persoa ao cuartel da Garda Civil e enrtegouse, a cambia de que non tocaran á súa familia, o cal aceptaron e o puxeron contra a parede... o resto xa volo imaxinades. Finalmente a miña bisavoa e os seus 7 fillos viviron ca miña tataravoa hasta que ela morreu aos 60 anos, e xa o meu avó traballaba de mariscador.

lunes, 23 de febrero de 2015

O nacer da liberdade

Era unha noite de sábado chuviosa, como outra calqueira, senón fora porque ahí estabamos nós os Irmadiños a tirar castelos uns tras outros. Arredor de 80mil persoas pertencían a esta, a nosa irmandade. Cun único obxectivo estabamos todos reunidos  aquela noite, pois aquela foi a noite na que lle tiramos os castelos á linaxe dos Lemos. Pero todo ten un principio, así que empezarei por el; Nós os Irmandiños fomos un grupo de campesiños, xunto con burgueses, e algún que outro gran señor que cedeu os seus castelos, os que nos levantamos en armas contra os nobres Osorio, os Sotomaior, os Andrade, os Moscoso, os Sarmiento e os Ulloa, e porque nos levantamos preguntaredes, pois nos levantamos polos abusos da nobreza hacia nós, nos roubaban, forzaban as nosas mulleres e fillas, e todo o que lles viña en gana contra nós, e a isto se lle sumou as epidemias, a fame, e as malas colleitas, con todo iso non puidemos aguantar e explotamos. Empezamos a formar diferentes Irmandades en cada ciudad e nos expandimos, ata chegar ao incrible número de 80mil persoas, cada un ca súa fouce, gadaña e forcada ou coa espada dun mestre armeiro, disposto a dala súa vida co fin de acabar con isto. Unha vez xa tiñamos os suficientes membros comenzamos a derruir castelos, chegando ao final a derruir entre 130 e 140 castelos. A iste o noso fin uniuse o rei Enrique IV, porque él estaba en guerra co aspirante ao trono de Castela e León, o infante Don Afonso, o cal era apoiado pola maior parte dos nobres galegos, e así o rei encontrounos a nós os Irmandiños como unha alianza moi valiosa para frear o poder de Don Afonso. E así foi como empezamos a derruir castelos, e máis co apoio do rei o noso fin estaba máis que xustificado, chegando a un sábado chuvioso, no que nos dispoñíamos a tirar as fortalezas dos Lemos, e alí fomos nós en escuadrón a polos seus castelos. Primeiro lles faciamos ocos dende abaixo a istas, e logo os enchiamos de madeira e papel ao cal logo lle prendiamos lume mentras estabamos a gritar; LUME! LUME!; e iste empezouse a expandir ata quemalo castelo enteiro e con el ardiu o campo, era incrible ver como a choiva non apagaba o fogo senón que o facía prender máis, as lendas din que foi Deus o cal estaba da nosa parte e aquela auga foi puro milagre do noso señor que nos prestou axuda para prenderlle lume a todo aquilo, e con isto o fogo prendeu unha palleira, co cal empezamos a gritar; LUME NA PALLEIRA! LUME NA PALLEIRA!. E así foi querido neto como nós fomos os creadores desa famosa frase da que todo o mundo está a falar agora, e recórdaa sempre como unha sinal de liberdade, que algún dia se chegará a ver...

lunes, 16 de febrero de 2015

A valía dunha xeración

Hoxe vouvos a falar dunha xeración concreta de galegos que se rebelaron contra o sistema político no ano 2020, si 2020. Como en toda historia, hai un principio, e ise principio foi a elección dun novo partido político, en 2015, en Galicia, que viña prometendo e prometendo, pero o que nadie sabía era o que realmente había detrás de todo iso, nin sequera moitos do propio partido o sabían, e máis, eu diría que só un sabía cal era o obxectivo real, e era o dirixidor do propio partido, o coñecido como Paco Iglesio. Según chegar ao poder as medidas de Paco foron : a expulsión de todos os membros do seu partido; e a implantación dunha nova ditadura, pero moito máis salvaxe ca anterior. Agora o toque de queda era á saída do Sol, ningunha persoa podía ter a ventá aberta, nin moito menos saír de casa, só os homes e os seus fillos para traballar en zonas mineiras durante o turno de noite; a esto se lle suma que o exército e a guardia civil tiñan que obedecer as ordes de Paco Iglesio o senón serían executados diante dos seus compañeiros, e a todo isto súmaselle o odio de Paco hacia o proletariado, contra o cal decidiu volver a implantar un dereito que tiñan antes os feudos, todas as mulleres do proletariado serían da súa pertenza. Obviamente esto non fixo nada de gracia e as primeiras protestas saíron o mesmo día da implantación de todo isto, pero solo se quedou nunha protesta, sen resultado ningún, dado que os protestantes recibiron un tratado especial que nadie quere recibir, lles arrincaron os ollos e lles cortaron a lingua, a razón de quitarlles os ollos foi "ollos que non ven corazón que non sinte" e a da lingua foi pola conciencia de Paco, así cando lle apareceran as vítimas distas atrocidades non lle atormentarían porque sabría que non teñen lingua para falarlle. O número das vítimas daquela protesta ascendía a 12.000, e como dixen non chegou a nada, e non volvería a chegar ata dentro duns 5 anos ca rebelión feita pola xeración enteira dos 90, dende o 1990 ata o 1999, o mesmo día que se imprantou esta ditadura e todo o que conlevou con ela. A rebelión inicialmente empezou co uso de pancartas e folga de traballo, pero isto non serviu de nada dado que a policía e o exército estaban obrigados a matar a todo aquel que se manifestase diante da Xunta, lugar onde vivía Paco. Alrededor duns 300.000 galegos desta xeración se manifestaron aqueles días, o pobo casi desarmado loitaba de novo contra o exército, pera ista vez ningún dos dous bandos queria matarse entre eles, por cada gota de sangue que corría pola tez daqueles homes e mulleres, caían dúas de lágrimas, moitos decidiron acabar cos seus parentes que tiñan no outro bando polo motivo de sempre, se alguén mata a un familiar teu al menos que sexas ti o asasino, o malo, cargar ca culpa o resto da túa vida, cada vez que pestanexas, cada vez que dormes, cada vez que te recordan aquel momento, ese preciso instante no que decidiches acabar con él. A batalla finalizou tras 8 días na que faleceron 247 mil persoas do bando campesiño, e o resto se retiraron, mentras que no outro bando morreron 88 mil persoas do exército e policías, o resultado real foi a vitoria para o bando militar, pero o resultado simbólico foi a vitoria moral desta xeración por intentar combatir ao réxime máis opresivo xamais visto en Galicia, aínda que non se gañou a batalla, o importante é intentalo e fracasar, e non vivir sen habelo intentado, fracasando así o resto da vida. E finalmente este foi o final da ditadura de Paco Iglesio, que por qué? moi fácil, o seu vendedor particular (camello) lle vendera unhas pastillas afrosiacas a Paco, que decidira facer un arem para celebrar os seus cinco anos no poder, pero resulta ca esas pastillas eran as equivocadas e acabou metendo no corpo parte de ácido sulfúrico, o que lle acabou furando o estómago e provocando a súa morte.