domingo, 14 de diciembre de 2014

A veces... escoito voces falando galego

Cansado xa desas personas que pensan que o galego non é un idioma, que é un insulto para as orellas, decidín buscar un grupo que cantara en galego, e que triunfara fóra de Galiza, demostrando que este idioma non provoca nauseas aos oíntes, e entonces encontrei a Saraibas, un dos grupos que máis triunfou no estranxeiro, e que claramente deles se pode apreciar a súa temática da que xa falarei despois. Saraibas é un grupo musical galego creado no 1978 por un grupo de amigos de San Sadurniño, que xa levaban cantando xuntos dende 1969. O seu primeiro concerto foi en Somozas en 1978 co nome de Chorima, pero que posteriormente foi cambiado coa entrada de novos membros. Xa no ano 1980 este grupo era tan famoso en Galiza que realizaba xiras por toda ela, e comezou a súa xira por Sudamérica e por arredor de Europa, aproximadamente en Barcelona, Bilbao, Sabadell, Madrid, Venezuela, Festival de Lorient. París, Munich, Londres, Bruselas, Amberes, Ginebra, Berna, Zurich, Braga, etc. No que vai da súa traxectoria crearon 6 discos:

Unha terra, un pobo, unha fala (1980)




Xa non podemos calar (1981)



Careca (1986)



Camiño longo ( 1992)



Cantamos para poder voar ( 1999)



Cancións para un ano (1999)



Con xa varios triunfo na súa traxectoria a partir de 2004 pararon de tocar, pero o realmente importante non son os triunfos que conseguiron, senón, a través de como os conseguiron ; de 1983 a 1990 oraganizaron festivais nos que participaban nenos de diferentes centros escolares, e lle denominaron a este movemento "Cantareliña"; que tiña como obxectivo a promoción e a normalización da lingua galega e da música popular; ata o punto de edtar 8 discos; conseguindo con esto o "Premio da crítica galega" pola súa iniciativa cultural, e ben que está merecido o seu premio, e considero que aínda deberían de recibir máis pola temática das súas cancións.


 Saraibas a través delas defende a Galiza como unha nación libre, con idioma propio, cultura propia, e que non ten que soportar a eses espanholitos que queren unha Espanha unificada, e gobernada só por un Rei de procedencia francesa, que chegaron ao trono a base de quitar vidas, e que consideran o maior Espanhol do país; de dinastía cobarde que saíu fuxindo para fóra deixando como gobernador a un ditador, e que máis tarde volvería ao poder posto por outro ditador; e que consideran o principal símbolo da "democracia", aínda que o pobo non pudo elixir si quería unha monarquía.


Saraibas tamén se mete cos políticos engañabobos, que falan galego só cando queren ver votos nas súas urnas, pero que o resto do tempo se pasan falando en castelán, e moitos deles botándolle meigas a Galiza, que só queren de nós aproveitarse e sacarse os seus cartos para irse a Suíza, o Olimpo dos políticos.


Ademáis de criticar a istes, non se quedou atrás con esa xente que fala castelán para así considerarse de máis nivel social, culto en tódolos hemisferios, raza superior, que a xente que fala galego, burros todos, con alto nivel de ignorancia, que só saben falar a través de refráns. sen opinión, vasallos dos impostos que sin darse conta dan de comer coas súas espaldas a tódolos políticos.


E o máis importante de Saraibas e que está en tódolas súas cancións e é a base fundamental do movemento Cantareliña, é a súa continua búsqueda da desperta dese espírito galeguista, nacionalista, que nos ferve pola sangue, polo código xenético, aínda que algúns o queran evitar, pero iso segue ahí, e seguirá por moitas e moitas xeracións, e moriremos con ese espírito, e por moi no fondo que estea sempre alumeará.


lunes, 8 de diciembre de 2014

Tecnoloxía made in Galicia

Hoxe mirando a pantalla do ordenador sen saber de que falar nesta entrada encendeuseme a neurona e ocurreuseme falar da tecnoloxía en Galicia, culta no sentido de que hai moi bos programadores informáticos e iniciativas tecnolóxicas, e inculta á vez, dado que se descoñece casi a existencia desto, e hox estou aquí para falar dun claro exemplo disto, Blusens. Esta empresa de ámbito tecnolóxico se creou en Santiago de Compostela, por dous homes; Miguel Silva (responsable do televés nos Emiratos Árabes) e José Ramón García (economista de Mondragón Corporación Cooperativa). Iniciamente entrou no mercado coa venta de DVD, en 2002, nese mismo año xa lograran facturar 1 millón de euros e en 2006 xa chegou a proclamarse líder na venta de mp3 en España, cuns increibles crecementos anuais de hasta un 200%. A pesar disto esta empresa sempre foi descoñecida en Galicia, e sigue séndoo no día de hoxe, increíblemente o número de personas na nosa rexión que sabe que Blusens é orixinaria de Galicia é moito menor do pensado, e poño como exemplo á miña familia, que contando tíos, pais, fillos e avós somos uns trinta, pero só catro sabemos que Blusens é galega. A pesar de ser casi descoñecida esta empresa en Galicia, esto non impediu que Blusens en 2008 se xuntara coas súas empresas filiais (Blusens China, Blusens Middle East e Blusens Uruguay) provocando con isto un aumento da multinacionalidade da empresaorzando o obxectivo de estar en máis de 50 países nese mesmo ano. Aínda que nos últimos anos parece que esta empresa está pasiva realmente non o está; patrocina varios equipos de motos no campeonato de España e no de Cataluña; traballa xunto aos gañadores do Miss e Míster España nuns catálogos nos que aparecen con dispositivos desta empresa; e tamén se anuncian na liga BBVA de fútbol profesional español. Esta empresa se merece todo o que ten e sirve perfectamente de exemplo de porque un nunca debe de rendirse nesta vida, porque conseguiu todo o que ten sen rendirse, aínda que en Galicia nadie lles coñecía eles deron saído ao mercado de fóra e formar o que ven sendo agora unha enorme multinacional que abarca unha gran parte dos países máis ricos do mundo.




Un saúdo.