Tecnoloxía made in Galicia
Hoxe mirando a pantalla do ordenador sen saber de que falar nesta entrada encendeuseme a neurona e ocurreuseme falar da tecnoloxía en Galicia, culta no sentido de que hai moi bos programadores informáticos e iniciativas tecnolóxicas, e inculta á vez, dado que se descoñece casi a existencia desto, e hox estou aquí para falar dun claro exemplo disto, Blusens. Esta empresa de ámbito tecnolóxico se creou en Santiago de Compostela, por dous homes; Miguel Silva (responsable do televés nos Emiratos Árabes) e José Ramón García (economista de Mondragón Corporación Cooperativa). Iniciamente entrou no mercado coa venta de DVD, en 2002, nese mismo año xa lograran facturar 1 millón de euros e en 2006 xa chegou a proclamarse líder na venta de mp3 en España, cuns increibles crecementos anuais de hasta un 200%. A pesar disto esta empresa sempre foi descoñecida en Galicia, e sigue séndoo no día de hoxe, increíblemente o número de personas na nosa rexión que sabe que Blusens é orixinaria de Galicia é moito menor do pensado, e poño como exemplo á miña familia, que contando tíos, pais, fillos e avós somos uns trinta, pero só catro sabemos que Blusens é galega. A pesar de ser casi descoñecida esta empresa en Galicia, esto non impediu que Blusens en 2008 se xuntara coas súas empresas filiais (Blusens China, Blusens Middle East e Blusens Uruguay) provocando con isto un aumento da multinacionalidade da empresaorzando o obxectivo de estar en máis de 50 países nese mesmo ano. Aínda que nos últimos anos parece que esta empresa está pasiva realmente non o está; patrocina varios equipos de motos no campeonato de España e no de Cataluña; traballa xunto aos gañadores do Miss e Míster España nuns catálogos nos que aparecen con dispositivos desta empresa; e tamén se anuncian na liga BBVA de fútbol profesional español. Esta empresa se merece todo o que ten e sirve perfectamente de exemplo de porque un nunca debe de rendirse nesta vida, porque conseguiu todo o que ten sen rendirse, aínda que en Galicia nadie lles coñecía eles deron saído ao mercado de fóra e formar o que ven sendo agora unha enorme multinacional que abarca unha gran parte dos países máis ricos do mundo.

Un saúdo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario