miércoles, 26 de noviembre de 2014

Nosa Deusa guerreira

Despois de ver "Ira de titáns" na tele ocurreuseme de quen podía falar nesta entrada, dunha Deusa, pero non unha calqueira, senón a Deusa da destrucción, da morte e da guerra, tamén coñocida como Morrigan. Dise que nas guerras ela servía de estímulo e motivación aos guerreiros e soldados para darlles a estes forza para combatir. Ela era unha doncela, madre e viuda, e sempre iba acompañada das súas irmás ; Badb e Macha (deusa triple da fertilidade, guerra e xogos rituais, asociada ao corvo e ao cabalo). Conta unha lenda que un día no campo de batalla apareceu ante a sorpresa de todos os soldados, tiña o cabelo gris e revolto, os pés cheos de sangue e encima de corpos inertes, foi tal a admiración nos homes que non puideron soltar palabra, excepto un que se atreviu a preguntarlle quen era, ao que ela contestou que se chamaba Morrigan, e iba limpando os estragos dos homes. Seguidamente o home lle preguntou se ela había matado a todas aquelas persoas ao que ela lle contestou que nin lles había tocado, e que se se fixaba podería recoñecelos, en efecto mirounos ben e eran os seus compañeiros soldados, e fixouse máis e diuse conta que o rostro da cabeza decapitada que Morrigan tiña na mán era o del.



Ista deusa xunto coas súas irmás eran consideradas como deusas do sexo, porque os celtas á morte lle atribuian o comezo de novas vidas. E isto tamén se lle aplicaba ás mulleres celtas que ademais de ocuparse das súas labores, en caso de ser atacados, elas defendían a fogo e sangue a súa terra. Era tal a importancia da muller daquela época, a diferencia da etapa posterior, que a moitos lugares se lle poñía os nomes de mulleres, o incluso o caso de Da Chich Annan, que significa os peitos de Ana.

No hay comentarios:

Publicar un comentario