Non fai moito discutíanme que o periodismo cultural non existía, e aproveitando busqueino para esta entrada, e en efecto, si que existe. " O periodismo cultural é a forma de coñecer e difundir os produtos culturais de una sociedade a través de métodos masivos de comunicación". En poucas palabras, o periodismo cultural é o periodista que nos informa a través dos medios sobre un evento cultural. Aínda que isto che parezca unha tontería, non é así, grazas a estes periodistas pódese enterar perfectamente o país enteiro dos eventos que transcorriron, transcorren e van a transcorrir no seu arredor. É moi importante non esquecerse da nosa propia cultura, aínda que teñas que deixar por un momento en pensar en traballo, fútbol, política ou o que sexa, porque " a cultura é como todo o modo de vida" , se nos olvidamos diso, olvidaríamos tamén como poder vivir nesta sociedade.
É por iso que vos quería falar dun periodista cultural chamado Antón Castro , nacido en Arteixo o 25 de agosto do ano 1959. Antonio é escritor, dramaturgo, é o máis importante, un recoñecido periodista que traballa na tele e nun diario, a parte diso difunde a cultura a través do seu blog e das súas contas nas sociales. Por iso é polo seu excelente traballo o 25 de setembro de 2013 foi galardonado co premio nacional de periodismo cultural. Aínda que eses premios llelos diron traballando en Aragón, lugar no que actualmente vive e segue traballando, os seus máis achegados din que nunca esqueceu a súa orixe, e que aínda segue a escribir en galego, como as súas primeiras novelas escritas en galego " A lenda da cidade asolagada" e "Vida e morte das baleas".
Este home gañouse o afecto de moitos galegos e de moitos aragonenses por ser un claro representante destas rexións, sobre o tema maís importante do que estou a falar, a cultura. E é que este home merécese o que ten por haber triunfado en Aragón, lugar no que empezou a vivir de cero, só cun traballo, e sen esquecer nunca a súa lugar de orixe, aínda que o separen 800 quilómetros, sen olvidar as súas metas, sen rendirse nunca, e vivindo para o que máis lle gusta, fomentar a cultura, esa cousa tan olvidada.
No hay comentarios:
Publicar un comentario