domingo, 18 de enero de 2015

74 anos resgardando a nosa cultura

Antonte recollendo uns periódicos sen querer atopeime cunha cousa bastante interesante para esta entrada, era unha noticia, e estaba a falar dos premios que se entregaron en Galicia en setembro de 2014, eran premios polo fomento da cultura galega, e por riba de todos había un que foi o que máis me impactou, o do patrimonio cultural galego, e é de iso do que os vou a falar hoxe.

O premio do partimonio cultural galego foi entregado no pasado ano a un grupo chamado Marcelo Macías. Este grupo xorde a finais de 1941 inicios de 1942, pola orde do ministerio. O grupo estaba formado por colaborades do Museo Provincial de Ourense, e nace pola necesidade de apoiar a entidade á que aparece ligado. Nos seus primeiros 10 anos de servicio crearon un total de 6 volúmenes do boletín do museo.

En 1972 o grupo sufriu cambios internos, dado que novos membros entraron a formar parte do grupo, e toman a publicación do Boletín Avriense, no que traballaran ano a ano, e no que siguen traballando actualmente. Outros dos cambios que sufriron foron os seus principios. Agora tiñan cinco obxectivos primordiais:

O fomento e desarollo do Museo e Archivo provinciais mediante o traballo.

A xestión de donativos e depósitos que enriquezan os fondos públicos de ambos centros.

O estudo e comunicación de aspectos da riqueza do patrimonio cultural nos seus diversos aspectos, especialmente nos campos da antropoloxía, arqueoloxía, historia, arte, bibliografía.

A investigación dos mesmos.

A difusión mediante a publicación e mostra pública dos resultados da investigación realizada.

E dende 1982 o grupo colabora muy activamente no desarrollo dos seus obxectivos, participando na difusión dos fondos do Museo. E non hai traballo bo traballo sen recompesa, así que polo seu excelente traballo defendendo o patrimonio cultural, en 1983 fóiselle entregado a este grupo o premio "Otero Pedrayo". E a partir de ahí este grupo non parou de traballar máis forte e con máis impetu, sen cesar. Por eso mesmo en 1991 puido entrar a formar parte do grupo de Estudos Locais do Consello Superior de Investigacións Científicas.

E sen máis nin menos o pasado ano concedéuselle o premio da Cultura Galega polas mesmas razóns polas que se lle entregaba anteriormente o premio Otero Pedrayo. E é que é claro que para eles o máis importante é traballar para lograr defendido o seu patrimonio e cultura, e por iso levan nada máis e nada menos que 74 anos traballando xeracións e xeracións en manteñer estes fins.

No hay comentarios:

Publicar un comentario