Era unha noite de sábado chuviosa, como outra calqueira, senón fora porque ahí estabamos nós os Irmadiños a tirar castelos uns tras outros. Arredor de 80mil persoas pertencían a esta, a nosa irmandade. Cun único obxectivo estabamos todos reunidos aquela noite, pois aquela foi a noite na que lle tiramos os castelos á linaxe dos Lemos. Pero todo ten un principio, así que empezarei por el; Nós os Irmandiños fomos un grupo de campesiños, xunto con burgueses, e algún que outro gran señor que cedeu os seus castelos, os que nos levantamos en armas contra os nobres Osorio, os Sotomaior, os Andrade, os Moscoso, os Sarmiento e os Ulloa, e porque nos levantamos preguntaredes, pois nos levantamos polos abusos da nobreza hacia nós, nos roubaban, forzaban as nosas mulleres e fillas, e todo o que lles viña en gana contra nós, e a isto se lle sumou as epidemias, a fame, e as malas colleitas, con todo iso non puidemos aguantar e explotamos. Empezamos a formar diferentes Irmandades en cada ciudad e nos expandimos, ata chegar ao incrible número de 80mil persoas, cada un ca súa fouce, gadaña e forcada ou coa espada dun mestre armeiro, disposto a dala súa vida co fin de acabar con isto. Unha vez xa tiñamos os suficientes membros comenzamos a derruir castelos, chegando ao final a derruir entre 130 e 140 castelos. A iste o noso fin uniuse o rei Enrique IV, porque él estaba en guerra co aspirante ao trono de Castela e León, o infante Don Afonso, o cal era apoiado pola maior parte dos nobres galegos, e así o rei encontrounos a nós os Irmandiños como unha alianza moi valiosa para frear o poder de Don Afonso. E así foi como empezamos a derruir castelos, e máis co apoio do rei o noso fin estaba máis que xustificado, chegando a un sábado chuvioso, no que nos dispoñíamos a tirar as fortalezas dos Lemos, e alí fomos nós en escuadrón a polos seus castelos. Primeiro lles faciamos ocos dende abaixo a istas, e logo os enchiamos de madeira e papel ao cal logo lle prendiamos lume mentras estabamos a gritar; LUME! LUME!; e iste empezouse a expandir ata quemalo castelo enteiro e con el ardiu o campo, era incrible ver como a choiva non apagaba o fogo senón que o facía prender máis, as lendas din que foi Deus o cal estaba da nosa parte e aquela auga foi puro milagre do noso señor que nos prestou axuda para prenderlle lume a todo aquilo, e con isto o fogo prendeu unha palleira, co cal empezamos a gritar; LUME NA PALLEIRA! LUME NA PALLEIRA!. E así foi querido neto como nós fomos os creadores desa famosa frase da que todo o mundo está a falar agora, e recórdaa sempre como unha sinal de liberdade, que algún dia se chegará a ver...
No hay comentarios:
Publicar un comentario