A "Dama do castro"
Buscando sobre que falar nesta entrada meu avó díxome: hai algo do que estou seguro que sempre se falou e sempre se falará. e que ven dos celtas, as meigas e os seus famosos <<meigallos>>. Encontrei coma unha decena de tipos de meigas, estas eran o contrario ás bruxas, e o que buscaban era facerlle o mal ás persoas a través de pactos co demo, pero coa excepción dun tipo, a Dama do castro. A lenda conta que as Damas eran mouras que vivían debaixo dos castros galegos, nuns castelos de cristal, posuían unha fortuna e como xa non tiñan a necesidade de traballar se dedicaban a axudar á xente, e sempre que alguén lles pedía consellos esta llelos daba; o seu afán máximo era axudar aos nenos e nenas, os que cando estaban sós ou en perigo as Damas acodían a acompañalos ou rescatalos. Dise que eran as máis belas entre as mouras, de pelo rubio e solto ao aire, e un fermoso vestido branco só superado en fermosura pola súa cara. As persoas que intentaban acceder ao seu castelo quedaban encantados alí de por vida. Máis ou menos están representadas na seguinte imaxe:
Que MISTERIOSAMENTE ten un gran parecido coa famosísima Galadriel, elfa de "O Señor dos Aneis":
Senón fora pola falta de interés pola nosa cultura perfectamente o autor deste libro podería ser en vez de inglés, galego, e convertir a súa obra nunha das máis famosas cunha venta de máis de 150 millóns de libros, como é ista saga, a cal claramente podería ser rodada nos nosos montes, aínda que a pesar de haber eucaliptos en moitos deles, algúns siguen intactos de castiñeiros e nogais.
No hay comentarios:
Publicar un comentario