Non para de expandirse o uso de eucaliptos para replantar unha zona, coma se unha peste fora, e só uns poucos loitan para frealo, pero non son suficientes e isto segue e segue, ata o punto que xa é unha costume plantar un eucalipto que non aporta nin beleza nin nada para Galicia, antes ca un castiñeiro, un carballo, un pino...
Opinade vos mesmos sobre que é máis bonito;
Eucaliptos
VS
Castiñeiros e nogais
Non aportan máis beleza senón que , por exemplo, as míticas castañas do magosto que todos celebramos de pequenos e que temos grabado nos nosos recordos e que desgraciadamente dentro duns anos os nenos nos preguntarán que eran os castiñeiros, que era o magosto, e todos os anos de historia que istes xa levaban e todo polo vicio de plantar eucaliptos na nosa querida terra.
Aínda que xa existen leis que prohiben a replobación dunha zona con eucaliptos, a peste non para e segue comendo cada vez máis terreo.
E finalizo cun vídeo no que se explica brevemente porque son malos para a terra, e o seu gran nivel de expansión.
Un saúdo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario