lunes, 18 de mayo de 2015

Abofé que estou tolo

Como o traballo destas entradas e falar dalguén do teu árbol xenealóxico vou a falar do último da rama, de min mesmo, considerándome a min mesmo como bisavó ou tataravó e as repercusións que vai a ter isto para as seguintes xeracións

Carta ás miñas seguintes xeracións:

Boas, queridos bisnetos, eu son Yago Basoa Fernández, nacín o día 18 do mes de Abril no ano 1997, no hospital de Narón, unha pequena cidade situada en A Coruña, Galicia. Vivín os tres primeiros anos da miña vida nesa nun pequeno piso desta cidade, e tras o accidente en moto da miña nai e meu pai, causando a lesión da pelvis da miña nai, puidémonos comprar unha casa nunha pequena aldea de Caamouco, en Ares. Agora volvendo a min, eu son unha persona pacible, díficil de enoxar, tímido, cordo, sen avaricia ningunha, apenas sei o significado de codicia, prefiro que os demais vivan mellor ca min ou síntome mal por dentro, perezoso, demasiado perezoso... cunhas aptitudes para o estudo máis que sobradas, as cales son coñecedor delas e que provoca a miña sobradez respecto a todas as asinaturas, aínda que non estude un carallo, e isto é un punto dos que máis os vades a ter que preocupar vós, os seguintes, pois facilmente vades a caer na tentación de non estudar, e vos vai a traer malas consecuencias, infinitos castigos, ter que facer novos compañeiros de clase, sabendo que os teus de sempre siguen xuntos e avanzando, e a pesar de saber isto vades seguir caendo na tentación, como ségueme a pasar a min pese a ter xa meus dezaoito anos, e me temo que vades a ser un pouco máis de esquerdas cao resto de personas de esquerdas, por non decir que vades a ser de esquerda liberal extremista radical, así que intentadevos adaptar a un sistema de esquerdas normal, como eu me adoptei no seu día, e pese a que o meu profesor Manolo González de Xeografía e Historia de Galicia trate de que eu lle amose o meu punto de vista non o consigue, pois eu mesmo son coñecedor de que todo extremismo está mal, e non é o correcto.

Dito isto quérome despedir de vós pois xa considero que sobre o resto o sabedes todo, pois vedes de min.



Un saúdo cordial.



                                                         Yago Basoa Fernández

No hay comentarios:

Publicar un comentario