lunes, 18 de mayo de 2015

Ouro transparente

Houbo un tempo no que o ouro era valioso, no que o petróleo era coñecido como ouro negro, inmensas fortunas agardaban detras destes nomes, as cidades e os países que tiveron a sorte de telos se ultradesarrollaron, pero chegou un punto no que o ouro e o petróleo, así como os diamantes e demais non valían nada, ese momento é agora, ano 2047, as altas temperaturas e as escasas precipitacións debidas ao cambio climático fixeron que o auga fose agora a substancia máis valorada do mercado, chegando a susperar o valor de 1000 euros 1 litro, e isto foi o inicio dunha nova época en Galicia. A nosa rexión volveuse unha das principais potencias mundiais no sector económico, a auga abunda debido á abundancia das choivas, chegando a chover  dous de cada tres días. Agora Galicia está tan ou máis desarrollada ca famosa Abu Dhabi, cidade que en tres xeracións pasou de ser simple area a unha das cidades máis importantes e ricas do mundo grazas ao petroléo; o nivel de desarrollo urbano en Galicia é abrrumador, cada día hai novos proxectos para as cidades, novas obras, e moito traballo, algo non visto fai moito, a riqueza é máis que evidente, ou non... montes destrozados para crear urbanizacións, casas de pedra derrubadas para construir subterráneos, castros, pazos, mom¡numentos, toda a historia galega hundida baixo o chapapote para crear novas carreteras, as meiores praias do mundo ao pé de centos de miles de rascacielos que anteriormente estarían prohibidos, o diñeiro da a vida diccían, o diñeiro cho da todo, de momento o diñeiro o único que fixo foi arrebatarme á miña terra, nos dous sentidos da palabra, e aos meus amigos, así como a humanidade propia dos galegos, agora nos somos os New Yorkinos que van do traballo ao fast food, e do fast food ao traballo, o diñeiro nos convertiu en escravos, antes éramos pobres, pero viviamos en liberdade, agora somos ricos, e vivimos baixo o mando do diñeiro.






No hay comentarios:

Publicar un comentario