lunes, 18 de mayo de 2015

Nova Galicia

Polo votado no referéndum do 2078 as comunidades autónomas se empezaron a considerar estados federais, cada un cas súas propias leis e dereitos, e con diferentes constitucións, nun principio á xente isto dáballe medo, por dividir o país implicaría dividir a xente, pero iso non foi así, senón foi ao revés, o país nunca estivera máis unido antes disto, así como os Estados Unidos, España pasaría a ser una patria digna de admirar, e moi querida a partir deste momento. Pero voume enfocar en Galicia, foi a primeira rexión desta época a atreverse a establecer unha anarquía como sistema político, nun tempo no que a tecnoloxía nolo pode dar todo os traballos eran iguais, simplemente nosa obriga é coidar desta tecnoloxía, a cambio recibimos a nosa propia casa, ca súa comida e bebida necesaria para a vida, feita e proporcionada por robots obviamente. A principal preocupación ao establecer a anarquía como sistema político era a desaparición das leis e dos corpos policiais, o cal sería un grave problema, e mala situación senón fora que estes se suplantaron por normas civís, as cales se non as cumpres os robots che exilian de Galicia, cara outro territorio, no cal vas a ter que apañarchas para vivir, tal vez sexa como servo, tal vez sexa como magnate, quizais según entras che pegan un tiro na chola, ou quizais xa nen chegues a entrar, porque xa desapareciches do mapa existencial e estas sendo esclavizado por un magnate que, anteriormente, tamén fora exiliado, e ademais o diñeiro aforrado dos corpos policiais se invertiron en libros e educación. A diferenza da nosa xeración fronta  as anteriores e que nos somos personas civilizadas, que sabemos a diferenza do que está ben do que está mal, que sabemos leer entre liñas, e que lemos a letra pequena, nos sabemos onda estamos a firmar. Isto non é máis co inicio dunha nova xeración, unha xeración que se cría en igualdade de dereitos, na que ou o tomas ou fóra.

No hay comentarios:

Publicar un comentario