lunes, 18 de mayo de 2015

O galego á deriva

Galicia? Galego? Que é iso? Esas son as preguntas que se facían na España de fai 100 anos, na década do 2030 ao 2040, pois a Galicia pola que pelearon os nosos avós e avoas, e á vez os seus avós e avoas, perdera nesta década a pouca liberdade que lle quedaba, o galego prohibido, os galegos perdidos... A pena de morte agochaba a todo aquel que se lle ocurrira falar en outro idioma que non fose o fodido castelán en España, e todo o que con isto supuxo... ningún estranxeiro quería entrar na península, pois se falaban o seu idioma natal pasarían polo paredón, e mesmo os propios españois que tiñan idioma propio tiveron que deixalo ou abandoar as súas terras, e entre eles se encontraban moitos galegos, arredor da metade dos nosos. O exilio destes galegos provocou certa indignación entre os que quedaban, que acabaron marchando tamén, o que provocou o abandono total dos galegos da península. Galicia quedou vacía, unha terra sen habitantes, sen idioma, sen cultura, unha Galicia sen nome, xa non era Galicia senón que era "El Noroeste". Pero isto non lle pareceu suficiente  aos altos mandos do país como castigo aos galego falantes, senón que a maiores colleron perforadoras e furaron o chan nunha línea que separaba Galicia da península e enviaron á nosa terra a deriva nun paseo marítimo intercontinental, perdida navegaba arredor do mundo, sen parar en ningún lugar. Pasaran xa 50 anos desde que Galicia estaba á deriva  ata que finalmente acabou chocando, ou mellor dito aparcando, noutro territorio celta, e onde hospedabamos moitos galegos, entre eles o meu avó, esta terra onde parou fou Irlanda, unha terra e un entorno moi familiar para Galicia polo seu parecido, e finalmente o maior desta historia, non se sabe cantas probabilidades houbo de que Galicia acabara en Irlanda, pero o que a xente cre é que Galicia sabía que en Irlanda era o único lugar do mundo onde se seguía a falar galego galego, o de verdade, e é que din que marches onde marches a túa terra sempre seguirá contigo na túa sangue.

No hay comentarios:

Publicar un comentario