lunes, 18 de mayo de 2015

Sen futuro

Hoxe véñobos a falar dun dos moitos futuros e posiblemente do que máis versións haxa e do que tanto medo ten a xente que poucos se atreven a falar del, simplemente fanse os sordos ou mesmo te din; bo, cala a boca neno, este feito é a terceira guerra mundial, unha guerra que vai a traer a destrucción total da terra, a desaparición da especie humana e dos animais, e como todo, isto ten un principio, unha causa que provoca tal disfortunio, neste caso é un erro, un erro humano, o presidente dos Estados Unidos querendo chamar ao servizo pulsou o botón errado, un botón que activaría cabezas nucleares en dirección rusa. A Rusia isto non lle parecería aceptable e intentaría responder, pero o presidente dos EEUU dirialle que foi un erro, que perdoase o ocurrido, non aceptada a desculpa Rusia iniciaría un pequeno ataque contra estes, o cal sería respondido por outro ataque de parte dos estado unidenses. Mentras tanto no resto do mundo o peor xa se uliría, e varios países e a ONU lles obligarían a parar, pero xa sería demasiado tarde, a guerra nuclear  xa empezaría, bombas atómicas serían lanzadas a través de bombardeiros escoltados por cazas, bombas cunha enerxía duns 10 megatóns, de uranio ou de plutonio, dependendo do lugar a atacar, oito quilómetros de radio de explosión, e un fume pos-explosión á temperatura de 5000 graos centigrados, homes e mulleres transformadas en nada, simples átomos conducidos polo vento, e unha radiación que exterminaría a 5 veces máis población ca a propia explosión en si, e a chegada doutro tipo de bomba á guerra mundial, a bomba de hidróxeno, a diferencia das anteriores non funciona pola fisión de átomos, senón pola fusión dos mesmos, o que provocaría unha liberación moitísimo maior cao anterior tipo, mais isto non significaría nada para Rusia e os EEUU que xa se decidirían a destruir o mundo enteiro antes de perder a guerra. Unha, outra e outra máis, o ego destes países acabaría con todos nos, a historia da humanidade acabaría sen un fin, porque para contalo fin, ten que haber alguén vivo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario