lunes, 18 de mayo de 2015

O primeirizo

O primeiro Basoa, quen sería? Esa era a pregunta que se me pasaba esta semana pola cabeza, e para intentar descubrir quen era tiven que empezar pola raíz de todo, o significado de Basoa, e descubrín que Basoa significa "bosque" en vasco, o que aínda me intrigou máis, por que o primeiro da familia se apelidaba bosque? e en seguida o entendín, aquel home era o das lendas, o amo do bosque, meu tataratataratatara...avó era o famoso Rabín do bosque, non quero especular sobre o porqué do nome, non me podo creer que o primoxénito fora o incrible Rabín do bosque, o famoso arqueiro que robaba aos ricos as súas pertenzas  para dárllelas  aos pobres, ou para quedar el mesmo con elas, ou eso era o que din as lendas, pero o que realmente era o meu tatara..avó era traficante, de todo tipo, traficaba con telas, mineirais e mesmo con negros, aos que lles axudaba a pasalas fronteiras a os países do norte que tiñan igualdade de dereitos entre todas as persoas coa súa técnica infalible, ataba os negros por debaixo dunha mula cunha corda, como se fose cal ninja Rabín pasaba os negros ao Norte, como se fosen invisibles para os gardas que vixiaban as fronteiras, pero había un home para o cal meu tatara...avó non era invisible, e máis, lle tiña os dous ollos ben postos enriba, era o seu inimigo, Enrique IV "O <<IMPOÑENTE>>", o cal tíñalle moita manía a Rabín porque el sabía que era traficante, máis o non poder demostralo lle impedía executalo en calqueira momento, porque aínda que este rei era o máis sanguinario de todos os reinos era xusto nos casos de inocencia, ou culpa non demostrada. As ganancias do tráfico de materias lle permitiron ao meu tatara..avó comprarse todo o País Vasco, e lle chamou "O Bosque", e de ahí ven o nome de Rabín do bosque. Pero como todo a vida acaba chegando ao seu fin, e no caso do meu tatara foi cando intentaba dar o seu plan máis gordo, intentaba pasar mil mulas dende O Bosque ata Alemaña, onde vendería ouro e telas que acababa de robar a unha patrulla de Enrique IV, se o conseguía non tería que volver a traballar na súa vida, nin os seus fillos, nin mesmo eu, pero aquela patrulla á que roubara fora unha trampa de Enrique O Impoñente para poder arrestalo e executalo, e así pois cando o meu tatara estaba a atravesar os Pirineos o exército o atrapou e o levaron ata a casa real, alí o propio rei o executou cas súas propias mans. O Bosque máis tarde pasouse a chamar País Vasco e alí todos comezaron a adorar ao seu Deus, Rabín do bosque.


No hay comentarios:

Publicar un comentario