lunes, 18 de mayo de 2015

O radical

Seguindo coas entradas sobre a nosa familia hoxe vouvos a falar do meu bisavó, Ángel Basoa Penedo e do cal só teño máis que simples historias, pero vouvos a falar del pola simple razón de que é todo o contrario a min.

Meu bisavó Ángel naceu arredor dos anos 20, e se criou cos seus catro irmáns na casa do meu tataravó, unha casa duns escasos 100 metros cadrados, pero rodeada de campos con quilómetros de extensión. Meu bisavó coñeceu á miña bisavoa á idade de 16 anos, e tivo 5 fillas e 1 fillo, o cal sería máis tarde o meu avó, e xa foi de moi noviño cando meu bisavó empezou a ter ideas doutro tipo de España, a que posteriormente sería a España de Franco, o meu bisavó era da Falanxe de Ferrol, ou eso supoño dado que é a que máis cerca estaba da súa casa, e para a miña desgraza o meu avó está agora mesmo posiblemente falando con el baixo terra, o cal faime preguntar a min mesmo, como o meu bisavó sendo da Falanxe, un grupo de dereita radical, eu son de esquerda radical? está máis que claro que a radicalidade a herdei del, pero a ideoloxía base e totalmente oposta. Deixando isto de lado o meu bisavó era unha persona adicta ao alcohol, que adoitaba a estar borracho, e ca borracheira lle acompañaba un cabreo continuo, que enfocaba sobre o seu único fillo, o meu avó, certo é tamén que é porque o meu avó adoitaba a estar en problemas, foron centos os números de veces que o meu bisavó tivo que ir ao cuartel a sacar ao meu avó. Para colmo de moitos meu bisavó era rico, e o meu tataravó lle deixara grandes cantidades de terras na súa herenza, pero o alcohol e os malos hábitos do meu bisavó ocupáronse de que isto non fora así, el gustaba de apostar coas súas terras, ou mesmo cando non tiña cartos no bolsillo para pagar as copas pagaba con terras, o que acabou case coa herdanza que lle fixo o meu tataravó e acabou deiaxndo catro terras mal postas para os seus fillos, que aínda a día de hoxe, pese a estar 2 dous membros mortos, entre eles meu avó, seguen a estar peleando por elas, creo que iso foi a principal causa de que en casa do meu avó non haxa fotos do meu bisavó, por pura venganza contra a figura que este representa.

E para finalizar unha pequena anécdota que me contou meu pai, tal era a frialdade do meu bisavó que matou o un alemán que hospedaba no seu vecindario só para poder quedarse ca súa moto, ademais que era un home que causaba terror pois cando o meu avó conseguía moza estas fuxían ao velo seu pai, á excepción da miña avoa claro está.

No hay comentarios:

Publicar un comentario